jueves, 09 de septiembre do 2010

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Usuarios rexistrados

Data jueves, 09 de septiembre do 2010
Membros 3123 Rexistrados
Data 0 Hoxe
16 Esta seman
207 Este mes
Nome de usuario Último: kondersplitsss

Proximas Festas

ver calendario
Os Camiños do Concello PDF Imprimir Correo-e
sábado, 26 de septiembre do 2009
Desde esta web queremos denunciar a situación que sofren varios camiños de interese histórico ou paisaxístico do noso concello.

Sen ir máis lonxe no camiño Ingles ao seu paso por Vizoño podemos observar unha chea de roupa tirada na cuneta. Non quero imaxinarme que pensaran os peregrinos ao ver esta imaxe.
Image
Tamén o encoró de Beche sofre esta situación, debido á cantidade de xente que visita esta zona pódese observar cheas de papeis e plásticos tirados polo chan, espero que desde o concello tomen cartas no asunto e poñan unhas papeleiras. Algúns dos camiños que comunican o encoró con Vilacoba e Vios non se libran desta situación, pois en ambos podemos observar cascallo tirado nas súas marxes.
 Image
 Espero que o departamento de medio ambiente do noso concello copie as medidas que están realizando outros concellos como o de Carral, que este domingo día 27 organiza unha saída para coñecer o novo roteiro polo río Barcés. O novo espazo natural recuperado para o ocio ten unha lonxitude de 4,5 quilómetros e vai desde o lugar das Tablas, na parroquia de San Vicente de Vigo, até o antigo edificio de estación de tratamento de augas de Cañás, na parroquia de Santa Eulalia de Cañás.
 
Ademais do roteiro os participantes van poder colaborar en accións de mantemento e limpeza da zona a percorrer, na que van estar acompañados da técnica de Medio Ambiente do Concello e de voluntarios da organización ecoloxista ADEGA, que colabora no deseño e realización desta actividade. Así, as persoas interesadas en tomar parte deste recorrido pola nova ruta poden inscribirse na Casa Consistorial, no teléfono 981 67 00 02, ou na Casa da Cultura, no teléfono 981 67 25 80.
Última actualización ( domingo, 27 de septiembre do 2009 )
 
< Ant.   Seg. >

Cumpleanos

Festas de Folgoso