jueves, 09 de septiembre do 2010
Curtis. O ximnasio de Teixeiro PDF Imprimir Correo-e
jueves, 04 de febrero do 2010
 Image
As obras do novo ximnasio de Teixeiro van estar rematadas a principios do mes de xuño, segundo o anunciou está mañá a tenente de alcalde de Curtis, Antonio Fraga, quen indicou que  os traballos comezaran o día 18 de xaneiro. As novas instalacións, que se están a construír a carón do pavillón polideportivo da localidade, van contar con dúas salas, una destinada aos aparellos de musculación e outra acondicionada para varios usos deportivos.

En total a edificación vai contar cunha superficie de 150 metros cadrados  e vai complementar as instalacións existentes que xa contan con sala de hidromasaxe. A construción do novo ximnasio van supor  un investimento de 256.000 euros, aportados pola Deputación de A Coruña e o Concello de Curtis.

Segundo comentou Antonio Fraga, esta actuación incardinase dentro dun proxecto global no que o goberno local pretende fomentar os hábitos saudables e contribuír a mellorar a calidade de vida dos veciños do municipio. Neste sentido, Fraga recordou que o Concello de Curtis está a participar na iniciativa Concello Saudables que desenvolve a Consellería de Sanidade.
 
< Ant.   Seg. >

Cumpleanos

Festas de Folgoso