jueves, 09 de septiembre do 2010
PDF Imprimir Correo-e
viernes, 28 de septiembre do 2007

1. Teña sempre en mente que ao outro lado da sua pantalla hai un ser humano real. Nunca escreba nada que non lle diria fronte a fronte a outra persoa. Esta é talvez a principal regra que deba ter presente sempre.

2. Non dirixa unha mensaxe a unha só persoa en especifico; o foro lemo-lo todos

3. Manteña os seus comunicados breves e ao grán.

4. Coñeza e utilice as cariñas de expresión (emoticons) para axudar a transmitir alguns sentimentos, particularmente se está a utilizar humor ou sarcasmo. Sorriso

5. Nunca conteste unha mensaxe cando estexa enoxado ou amolo.

6. Respeite as leis sobre Direitos Reservados.

7. As letras MAIÚSCULAS poden-se usar para substituir acentos ou para enfatizar, pero NON escreba todo en maiúsculas pois isto se interpreta na rede como que ,VOSTÉ ESTA BERRANDO!

8. Sexa explicito cos títulos da sua mensaxe, non poña títulos tipo "AXUDA" ou "POR FAVOR, É URXENTE" pois non son entendibles, e a xente debe polo titulo, deducir a pergunta ou o contenido da mensaxe

9. De se sentir ofendido por algo ou alguén no foro dirixa as suas queixas en privado ao ofensor e/ou ao administrador do foro. Alabanzas e felicitacións en público, criticas e desacuerdos en privado. Traer asuntos negativos ao foro, en xeral non resolverá nada e propiciará un clima de debate estéril.

10. Non escreba vários mensaxes nos foros para pedir axuda, con un é suficiente. Se non sabe onde catalogar a sua mensaxe o escribao onde crea conveniente, os moderadores do foro xa se encargaran de o mover aonde é debido.

11. Cando un ingresa a unha nova cultura (e o ciberespacio ten a sua própria cultura) é susceptíble de cometer alguns erros sociais. Se cadra podese ofender a persoas sen querer facé-lo , ou talvez poida malinterpretarse o que outros din tomando represálias cando non foi o que se quixo dicer. Para empeorar as cousas, a alguén no ciberespacio pode-lle ser moi fácil esquecer que está interactuando con outras persoas "reais", non só con caracteres nunha pantalla, se non "caracteres" humanos.

Última actualización ( viernes, 28 de septiembre do 2007 )
 

Cumpleanos

Festas de Folgoso